A propósito de Ence

Ver artigo de Antón Roel Villanueva: A propósito de Ence

«Dende aquela xanela a praza da Ferrería semellaba un mar de crisantemos co mercado de flores de defuntos, namentras no solpor nas ourelas do Gafos as caveiras acendidas na noite dos calacús como se fose un desfile de vagalumes, mentras caen as follas paseniñamente nun manto de cores é na pola dun Freixo un Xilgaro… Que doado escreber da fermosura do outono na cidade pero non hai tempo para o romaticismo e témolo que facer sobor de Ence.

Esgótasenos o tempo, non é momento de dúbidas se temos que decidir se o que queremos é a fábrica de Ence no actual emprazamento é que siga a contamiñar a ría. Non podemos agardar a que nos saquen as castañas do lume nin de siglas nin bandeiras, somos nós a cidadanía os que podemos evitalo se nos mobilizamos axiña.

Non podemos deixar a novas xeracións unha ría pior da que nos deixaron os nosos antergos que entenderon que a ría era un agasallo da natureza que sempre estivo aí antes de non existir e que temos a obriga de deixala tal como a atopamos. Sería moi doada para moita xente da miña xeración que pese a que eran tempos moi duros desfurtamos dunha ría sen contaminación e bañámonos na praia dos Praceres e no río dos Gafos na parte que agora esta soterrada é dicir que os que veñan detrás se apañen pois a nós xa nos queda pouco. Pero… a nosa conciencia non nolo ía permitir.

Xa aguantamos moito tempo con ela cincuenta anos e toda unha vida e nós xa a sufrimos dabondo, temos que lembrar que foi condenada por delito ecolóxico continuado. Non vai ser doado sacala dese lugar privilexiado pois o capitalismo cando hai cartos non ten sentimentos e non lle importa o que queiran os veciños e non vai ter escrúpulos como xa fixeron noutro tempo cas pobriñas das mariscadoras cando as botaron do seu lugar de traballo por defender o pan dos seus fillos.

A nosa xeración temos a obriga de explicarlles a os novos que naceron ca fábrica aí como se sempre estivese formando parte da ría que ese lugar era un paraíso cheo de vida con areais e praias para o lecer e fonte de riqueza para moitos veciños e veciñas que vivían del coa pesca e o marisqueo e abondosas hortas e cando chegou a fábrica foi a ruina pois xa non había vida na ría e as colleitas murchaban nas leiras polo fume e a contaminación e tiveron que emigrar.

Todos tiñamos moi claro, veciños, traballadores e empregados, que a estancia da factoría nese espazo tiña data de caducidade. Con cartos se poden mercar vontades e privilexios que o que fan e enfrontar e dividir familias, veciños e traballadores cun único beneficado que é o capital, eu non estou contra este tipo de industrias, pero nós xa aturamos con ela á forza moito tempo. Xa é hora de deixar a ría tal como estaba. Os directivos tiñan que decatarse que ese xa non é un espazo axeitado para ese tipo de industrias e que hai unha maioría da poboación que queremos que se vaia e non é bo para calquer empresa estar nun sitio onde non os queiran.

Poderán quedar pola forza per non no noso nome.

E niso estamos ás portas de novembro co fumegar das locomotoras de asar as castañas, asiña han florecer os camelios e lirios cando no ceo xa non quedan estorniños».

http://pontevedraviva.com/opinion/1935/proposito-ence-anton-roel-opinion/