Entradas por Editor

Rajoy concede a prórroga a Ence pero «a loita continúa»

O Ministerio de Medio Ambiente entregoulle esta mañá á ría de Pontevedra á empresa Ence por 60 anos máis. Dúas xeracións de pontevedreses -cando menos- nunca chegarán a ver súas augas libres dunha das fábricas máis contaminantes do Estado. Grande número de colectivos que integran a Plataforma Ence fóra, mantiveron esta tarde unha reunión de […]

O alcalde de Pontevedra pídelle a Rajoy que non repita o erro da ditadura ao consolidar Ence en Lourizán

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, remitiu esta semana un escrito ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, explicándolle o sentimento do pobo de Pontevedra e da súa comarca; a importancia de non volver cometer un segundo erro histórico que consolidará a Ence na ría para sempre, e as esperanzas de miles de pontevedreses […]

Os comuneiros de Lourizán súmanse a Ence fóra da ría para sempre

Comunicado da Comunidade de montes de Lourizan: Este sábado, día 28 de novembro, tivo lugar unha Asemblea Extraordinaria da Comunidade de Montes de Lourizán, na que os comuneiros da parroquia decidiron varias cuestións importantes para o monte veciñal. Pero de entre os puntos da orde do día, cabe resaltar, pola súa transcedencia a nivel social, […]