Coñece a vergoñenta resolución do Ministerio de Medio Ambiente ampliando a prórroga de Ence
O mesmo día que o Ministerio de Medio Ambiente lle informa ao Concello de Pontevedra que contestará as súas alegacións ao expediente de prórroga no informe definitivo, ese mesmo día -20 de xaneiro- tamén sae polo Rexistro do Ministerio de Medio Ambiente o informe da concesión da prórroga. Estes dous informes só están separados por dez documentos que saíron ese mesmo día do Ministerio.