Repartimos o «Libro Branco» en Marín e Pontevedra
O sábado 7 de novembro asociados aos diferentes grupos e organizacións que conforman a campaña Ence Fóra para sempre saímos á rúa en Marín (na Alameda) e en Pontevedra (na Peregrina e noutras prazas) garantindo o reparto de máis 1400 exemplares do Libro Branco contra ENCE. Falamos a pé de rúa das triquiñolas da pasteira, das portas xiratorias, dos problemas de saúde, dos seus incumprimentos ambientais, do lastre que supón para o desenvolvemento da ría, en suma, da situación de chantaxe que estamos a vivir na Ría e a imperiosa necesidade de dicir ben alto «A Ría e nosa e non da Celulosa».