O balcón da Casa Consistorial xa recolle o principal clamor da cidade: Ence fóra

faixa_concello_ence-1

A Plataforma Ence fóra da ría colgou esta mañá unha pancarta do balcón da Casa Consistoria, na praza de España, baixo o eslogan “Ence fóra da ría para sempre”. Todos os asistentes fixeron un chamamento á participar na manifestación convocada para mañá pola tarde nas rúas da cidade.

A saída será ás 20.30 horas da praza da Ferraría.