Charla-Coloquio: «ENCE fóra para sempre». Venres 6 de novembro ás 20:30h. na Biblioteca de Marín

A A.C. Almuinha organiza este acto dentro da campaña «ENCE fóra para sempre» na que participan máis dunha trintena de organizacións do máis variado: organizacións políticas, asociacións ecoloxistas, asociacións de veciños, asociacións culturais… co obxectivo de informar da situación actual do complexo ENCE-Elnosa así como da propia campaña que ven de iniciarse. E para isto contaremos coa presenza de Antón Masa (APDR) e Juan Loureiro (Presidente da FAV Castelao de Pontevedra).

Aproveitamos para convidar a toda a cidadanía a que asista e participe do acto, pois o tema é dabondo importante e topámonos nun momento de especial importancia de cara a ver como queremos que sexa a nosa ría no futuro máis próximo.