Novas

O alcalde de Pontevedra pídelle a Rajoy que non repita o erro da ditadura ao consolidar Ence en Lourizán

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, remitiu esta semana un escrito ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, explicándolle o sentimento do pobo de Pontevedra e da súa comarca; a importancia de non volver cometer un segundo erro histórico que consolidará a Ence na ría para sempre, e as esperanzas de miles de pontevedreses […]

Os comuneiros de Lourizán súmanse a Ence fóra da ría para sempre

Comunicado da Comunidade de montes de Lourizan: Este sábado, día 28 de novembro, tivo lugar unha Asemblea Extraordinaria da Comunidade de Montes de Lourizán, na que os comuneiros da parroquia decidiron varias cuestións importantes para o monte veciñal. Pero de entre os puntos da orde do día, cabe resaltar, pola súa transcedencia a nivel social, […]

Isabel Tocino, un exemplo de portas xiratoria ENCE – PP, o sábado xunto a Rajoy no Bernabeu

Este pasado sábado 21 de novembro ISABEL TOCINO compartiu o palco do estadio Bernabeu (Madrid-Barça) xunto a Mariano Rajoy e outros membros do actual goberno do PP, no momento crucial na que a empresa está a demandar á administración central a prórroga da concesión en Lourizán máis aló de 2018 antes dun futurible cambio de […]

A violencia dos traballadores de ENCE/ELNOSA sube de nivel

As ameazas verbais sufridas por membros de corporacións locais de Pontevedra e da súa comarca deron un paso máis adiante: un grupo de persoas que se presentaron como traballadores de ENCE proferiron ameazas e provocacións a noite do martes 17, ao tempo que retiraban cartaces de ENCE FÓRA, coincidindo cun grupo da Asociación Pola Defensa […]

Reparto do Libro Branco na rúa

A campaña que loita contra a permanencia de Ence en Lourizán tivo esta mañá unha nova acción pública co reparto do libro branco e distinto material da campaña nas rúas máis céntricas da cidade. Neste reparto participaron un grande número de representantes das entidades e colectivos integrados na Plataforma Ence fóra da ría para sempre.

“A Xunta deu un paso máis para soportar ese adefesio contaminante na nosa ría”

O alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores acompañado de Antón Masa, presidente da APDR e do presidente da Federación de Veciños Castelao, Juan Lorenzo compareceron onte en dependencias municipais para denunciar que a Xunta acaba de “dar un paso máis na estratexia de consolidar a Ence na ría para sempre, coa idea de condear […]

Charla-Coloquio en BUEU: “ENCE fóra para sempre”. Xoves 12 de novembro ás 20:30h na Sala Amalia Dominguez Búa

Presentación da campaña “ENCE fóra para sempre” na que participan máis dunha trintena de organizacións do máis variado: organizacións políticas, asociacións ecoloxistas, asociacións de veciños, asociacións culturais… co obxectivo de informar da situación actual do complexo ENCE-Elnosa así como da propia campaña que ven de iniciarse. E para isto contaremos coa presenza de Antón Masa […]

As portas xiratorias e ENCE

É moi relevante o paso de cargos da administración pública (especialmente do PP) ao Consello de Administración de ENCE: José Carlos del Álamo (ex-conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia) Isabel Tocino Biscarolasaga (ex-ministra de Medio Ambiente) Pascual Fernández Martínez (ex-secretario de estado de Augas e Costas) E significativo os lazos familiares: María José […]