Entradas por Editor

A violencia dos traballadores de ENCE/ELNOSA sube de nivel

As ameazas verbais sufridas por membros de corporacións locais de Pontevedra e da súa comarca deron un paso máis adiante: un grupo de persoas que se presentaron como traballadores de ENCE proferiron ameazas e provocacións a noite do martes 17, ao tempo que retiraban cartaces de ENCE FÓRA, coincidindo cun grupo da Asociación Pola Defensa […]

Reparto do Libro Branco na rúa

A campaña que loita contra a permanencia de Ence en Lourizán tivo esta mañá unha nova acción pública co reparto do libro branco e distinto material da campaña nas rúas máis céntricas da cidade. Neste reparto participaron un grande número de representantes das entidades e colectivos integrados na Plataforma Ence fóra da ría para sempre.

Imaxina Lourizán por Lukas Santiago

Para min está claro. Por que non facemos o que marca a Lei de Costas: devolver os terreos ao seu estado orixinal e que o pague a empresa! Todo o demais sería unha ilegalidade. Devolvámoslle o mar a Lourizán…”

Charla-Coloquio en BUEU: “ENCE fóra para sempre”. Xoves 12 de novembro ás 20:30h na Sala Amalia Dominguez Búa

Presentación da campaña “ENCE fóra para sempre” na que participan máis dunha trintena de organizacións do máis variado: organizacións políticas, asociacións ecoloxistas, asociacións de veciños, asociacións culturais… co obxectivo de informar da situación actual do complexo ENCE-Elnosa así como da propia campaña que ven de iniciarse. E para isto contaremos coa presenza de Antón Masa […]

As portas xiratorias e ENCE

É moi relevante o paso de cargos da administración pública (especialmente do PP) ao Consello de Administración de ENCE: José Carlos del Álamo (ex-conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia) Isabel Tocino Biscarolasaga (ex-ministra de Medio Ambiente) Pascual Fernández Martínez (ex-secretario de estado de Augas e Costas) E significativo os lazos familiares: María José […]

Volkswagen e Ence: tan lonxe e tan perto ….

Salvando as evidentes distancias entre a multinacional xermana e a fábrica de pasta de papel de Lourizán, moi particularmente no que fai aos postos de traballo, inversións e incidencia no PIB que xeran unha e outra –aspectos nos que a balanza inclínase de forma aplastantemente favorábel á fábrica de automóbiles- teñen a VolksWagen e ENCE […]

Premios Medioambientais e Corrupción Ambiental

ENCE e Volkswagen unha mesma traxectoría: PREMIOS MEIOAMBIENTAIS DE VOLKSWAGEN 2006: Premio Europeo de Medio Ambiente polos procesos e novas tecnoloxías de producción respetuosos do medio ambiente 2007: Premio Empresarial Europeo para o Medioambiente 2007: Certificado da Unión Europea de “Reutilización, Recuperación e Reciclaxe” A manipulación dos datos de emisións en Volkswagen comezou en 2003, […]

Repartimos o “Libro Branco” en Marín e Pontevedra

O sábado 7 de novembro asociados aos diferentes grupos e organizacións que conforman a campaña Ence Fóra para sempre saímos á rúa en Marín (na Alameda) e en Pontevedra (na Peregrina e noutras prazas) garantindo o reparto de máis 1400 exemplares do Libro Branco contra ENCE. Falamos a pé de rúa das triquiñolas da pasteira, […]